Aloumiños nace a raíz dunha idea común de varias compañeiras que expresamos o noso desexo de crear unha escola infantil, que desenvolverá unha serie de competencias e de valores que nos parecen ideais para unha aprendizaxe e un desenvolvemento integral das criaturas de 0 a 3 anos de idade.
Dende o nacemento da idea, as 4 persoas integrantes do equipo que presentamos o proxecto implicámonos do mesmo xeito desexando aportar cada unha aquelas cualidades nas que destaca e que pretendemos conseguir que dito proxecto saia adiante.
Ofrecemos a posibilidade de ensinar aos nosos futuros alumnos e alumnas a lingua de signos, linguas estranxeiras como o inglés e o francés, ademáis do galego e o español. Tendo en conta a importancia que ten hoxe en día unha boa aprendizaxe temperá de todas estas competencias que nomeamos, queremos destacar que esta sería unha característica da nosa escola con respecto a outras para estas mesmas idades.
Todo isto que citamos como o centro neurálxico da nosa escola levaríanos a establecer como un dos pilares esenciais a atención á diversidade.
Por todo isto, estamos dispostas a traballar, a seguir formándonos e a evolucionar para chegar a facer realidade o noso proxecto de futuro.