miércoles, 31 de octubre de 2012

Samaín 2012

E chegou o Samaín....


Con motivo da chegada da festa do Samaín, convidamos ás familias da nosa escola a vir pasar un ratiño connosco e traballar nun obradoiro de cabazas. Cada familia trouxo a súa para decorala ao seu gusto e o resultado foi estupendo! Todos traballaron moitísimo e sobre todo pasamos unha moi boa tarde compartindo materiais, experiencias e risas.
Todas as cabazas están expostas no mostrador da entrada para que as disfrutedes ata a semana que ven. Dende Aloumiños querémosvos dar as grazas por participar, sodes moi traballadores!!
Bo Samaín!!

1 comentario: