Trasnos, demos, ananiños de xardín e demáis familia..... Mirade a curtametraxe que descubrimos!!! Os protagonistas están baseados en persoaxes das obras de Álvaro Cunqueiro. Disfrutade tanto coma nós!
Ligazón: Alistán, o demo oveiro.
sábado, 24 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
Menudo tirón de orellas...
Dende Innovarte son contundentes: O tempo dos nenos/as cos proxenitores/as, case un privilexio. Clicade na ligazón para acceder ao artigo.
Ligazón: O tempo dos nenos/as cos proxenitores.
Ligazón: O tempo dos nenos/as cos proxenitores.
Imos despedindo ó Outono
Para o remate do noso querido Outono, que tanto xogo nos proporcionou, fixemos unha actividade moi divertida para traballar a motricidade.
Preparamos unha gran recolleita de follas que caeran no patio e con elas fixemos un "collage" que quedou maravilloso, como podedes observar.
Unha vez o colgamos na aula, entre todos e todas cantámoslle a nosa canción preferida do Outono. Deixámosvola eiquí para que lla podades cantar ás vosas crianzas na casa, que lles encanta!
"Plas, plas, plas, plas,
caen follas a modiño.
Plas, plas, plas, plas,
caen follas sen parar.
Plas, plas, plas, plas,
caen ourizos e castañas.
Plas, plas, plas, plas,
cogumelos e mazás."
lunes, 5 de noviembre de 2012
Descubrindo a xelatina!
Para comezar a semana con bo pé, reunimos aos máis pequenos da nósa escola e lles presentamos a tan coñecida xelatina para darlles a oportunidade de descubrila e experimentar por sí mesmos con ela.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


