viernes, 23 de noviembre de 2012

Imos despedindo ó Outono

Para o remate do noso querido Outono, que tanto xogo nos proporcionou, fixemos unha actividade moi divertida para traballar a motricidade.
Preparamos unha gran recolleita de follas que caeran no patio e con elas fixemos un "collage" que quedou maravilloso, como podedes observar.
Unha vez o colgamos na aula, entre todos e todas cantámoslle a nosa canción preferida do Outono. Deixámosvola eiquí para que lla podades cantar ás vosas crianzas na casa, que lles encanta!

"Plas, plas, plas, plas, 
caen follas a modiño.
Plas, plas, plas, plas, 
caen follas sen parar.
Plas, plas, plas, plas, 
caen ourizos e castañas.
Plas, plas, plas, plas, 
cogumelos e mazás."


No hay comentarios:

Publicar un comentario