Trasnos, demos, ananiños de xardín e demáis familia..... Mirade a curtametraxe que descubrimos!!! Os protagonistas están baseados en persoaxes das obras de Álvaro Cunqueiro. Disfrutade tanto coma nós!
Ligazón: Alistán, o demo oveiro.
Aloumiños
sábado, 24 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
Menudo tirón de orellas...
Dende Innovarte son contundentes: O tempo dos nenos/as cos proxenitores/as, case un privilexio. Clicade na ligazón para acceder ao artigo.
Ligazón: O tempo dos nenos/as cos proxenitores.
Ligazón: O tempo dos nenos/as cos proxenitores.
Imos despedindo ó Outono
Para o remate do noso querido Outono, que tanto xogo nos proporcionou, fixemos unha actividade moi divertida para traballar a motricidade.
Preparamos unha gran recolleita de follas que caeran no patio e con elas fixemos un "collage" que quedou maravilloso, como podedes observar.
Unha vez o colgamos na aula, entre todos e todas cantámoslle a nosa canción preferida do Outono. Deixámosvola eiquí para que lla podades cantar ás vosas crianzas na casa, que lles encanta!
"Plas, plas, plas, plas,
caen follas a modiño.
Plas, plas, plas, plas,
caen follas sen parar.
Plas, plas, plas, plas,
caen ourizos e castañas.
Plas, plas, plas, plas,
cogumelos e mazás."
lunes, 5 de noviembre de 2012
Descubrindo a xelatina!
Para comezar a semana con bo pé, reunimos aos máis pequenos da nósa escola e lles presentamos a tan coñecida xelatina para darlles a oportunidade de descubrila e experimentar por sí mesmos con ela.
miércoles, 31 de octubre de 2012
Samaín 2012
E chegou o Samaín....
Con motivo da chegada da festa do Samaín, convidamos ás familias da nosa escola a vir pasar un ratiño connosco e traballar nun obradoiro de cabazas. Cada familia trouxo a súa para decorala ao seu gusto e o resultado foi estupendo! Todos traballaron moitísimo e sobre todo pasamos unha moi boa tarde compartindo materiais, experiencias e risas.
Todas as cabazas están expostas no mostrador da entrada para que as disfrutedes ata a semana que ven. Dende Aloumiños querémosvos dar as grazas por participar, sodes moi traballadores!!
Bo Samaín!!
lunes, 29 de octubre de 2012
Nenos, nenas e mascotas
Velaiquí un conselliño paras as familias sobre os animais de compañía e o desenvolvemento dos nosos pequenos e pequenas.
Ter animais de compañía favorece o desenvolvemento das criaturas.
. A convivencia dos nenos e nenas con mascotas favorece o seu desenvolvemento inmunolóxico: estes resultados apoian a chamada "hipótese da suciedade" a cal di que demasiada hixiene a idades temperás debilitaría o sistema inmunolóxico no futuro.
. A compañía dos animais fai que os nenos e nenas medren máis tranquilos e seguros de sí mesmos.
. Os nenos e nenas que posúen mascota sofren menos estrés, realizan máis actividade física e se sinten máis felices.
As vantaxes da amizade dun pequeno co seu animal.
. Favorece o desenvolvemento cognitivo, socioemocional e físico dos nenos e nenas.
. Satisfacen o desexo de independencia e favorecen a autonomía dos pequenos e pequenas: aprenden a ofrecer axuda e preotección ao seu animal.
. Permítelles desenvolver a experiencia táctil: o seu contacto físico, as caricias, os mimos e o rascar ao animal lles pode aportar seguridad en sí mesmos e nas relacións cós demais.
Para máis información deixámosvos de seguido a ligazón á bibliografía:
http://salud.kioskea.net/faq/3682-las-mascotas-y-los-ninos
Quen somos e que pretendemos?
Aloumiños nace a raíz dunha idea común de varias compañeiras que expresamos o noso desexo de crear unha escola infantil, que desenvolverá unha serie de competencias e de valores que nos parecen ideais para unha aprendizaxe e un desenvolvemento integral das criaturas de 0 a 3 anos de idade.
Dende o nacemento da idea, as 4 persoas integrantes do equipo que presentamos o proxecto implicámonos do mesmo xeito desexando aportar cada unha aquelas cualidades nas que destaca e que pretendemos conseguir que dito proxecto saia adiante.
Ofrecemos a posibilidade de ensinar aos nosos futuros alumnos e alumnas a lingua de signos, linguas estranxeiras como o inglés e o francés, ademáis do galego e o español. Tendo en conta a importancia que ten hoxe en día unha boa aprendizaxe temperá de todas estas competencias que nomeamos, queremos destacar que esta sería unha característica da nosa escola con respecto a outras para estas mesmas idades.
Todo isto que citamos como o centro neurálxico da nosa escola levaríanos a establecer como un dos pilares esenciais a atención á diversidade.
Por todo isto, estamos dispostas a traballar, a seguir formándonos e a evolucionar para chegar a facer realidade o noso proxecto de futuro.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)